You are hereBlogues

Blogues


Cómo provocar un bloque corrupto en BD baseadas en ASM e restaurar con RMAN a nivel de bloque

Detallo a continuación os pasos seguidos para provocar un bloque corrupto unha BD con ASM e levar a cabo unha restauración a nivel de bloque con RMAN. Elo é posible por estar traballando con unha BD Enterprise Edition. Mencionar tamén que se trata dun contorno de test.

           1. Creamos tablespace/usuario/táboa e procemento para insertar filas.             

Cómo eliminar un proceso de export data pump

Temos dúas opcións para eliminar un proceso export data pump.
1) Dende a línea de comandos do expdp vía CRTL+C
   Partimos da execución dende línea de comandos do expdp é queremos parar a súa execución.

Cómo reutilizar discos en ASM movendo un disco dun DG a outro

Partimos dunha situación onde temos un DG, PRODATA, ao 91% de ocupación que é, polo tanto, preciso ampliar e empregaremos para elo un disco que pertence a doutro DG, FRAOLD, que está ao 6%:

Cómo deshabilitar as estadísticas automáticas en 10g e 11g

Para deshabilitar as estadísticas en 10g, será suficiente con executar:

 

    EXECUTE DBMS_SCHEDULER.DISABLE('GATHER_STATS_JOB');

 

Esto aplica para unha 10g pero non para unha 11g. Neste último caso este job como tal non existe se non que está incluido dentro das AUTOTASKS:

Axente Grid Control finaliza con ORA-20603: Updating timezone region of a target is not supported

Durante a fase de probas dun proxecto de ampliación dun RAC ó que se lle engadiron dous novos nodos, atopamos que existía unha incoherencia na zona horaria dos servidores para os usuarios propietarios do software RDBMS (curiosamente non detectada polas ferramentas de validación do clúster, para as que parece bastar a sincronización horaria sen fixarse na zona). As máquinas teñen sistema operativo Solaris 10.

Bug rconfig ao converter unha BD 10g single instance a RAC sobre Grid Infrastructure 11gR2

Oracle certifica a execución conxunta de versións RAC 10gR2 e 11gR2, o que resulta moi últil cando por exemplo queremos facer unha actualización progresiva das nosas bases de datos, ou cando necesariamente precisamos diferentes versións por restricións a nivel de aplicación. Nestes casos podemos crear un clúster en versión 11.2 (nunca inferior) con bases de datos en versións 11.2 e 10.2 (ou inferior).

Conversión de BD RAC 11gR2 de policy-managed a admin-managed

Oracle introduciu na versión 11gR2 da solución RAC a posibilidade de administrar dinamicamente os nodos nos que as instancias das BDs poden estar a executarse. Até esta versión, á hora de crear unha BD RAC só era posible especificar os servidores sobre os que se creará unha instancia. Con 11gR2 é posible indicar unha cardinalidade de instancias e asociar a BD ó que se denomina un pool de servidores. Os pools de servidores son entidades dinámicas e en función da parametrización do pool e da dispoñibilidade dos servidores no clúster, un determinado servidor pertencerá a un pool ou a outro.