You are herePerformance Tuning

Performance Tuning


Moitas veces o rendemento non se ten en conta até que as súas consecuencias chegan ao usuario final coa problemática de imaxe e impacto no negocio que elo ten, deixando asemade un menor tempo de reacción para darlle solución. Estamos ante un mantemento reactivo.

Como alternativa ofrecémonos para dar un mantemento proactivo das BDs a fin de que non se produza impacto nos usuarios ou no negocio. Isto require unha monitorización continuada das BDs e unha análise experimentada dos resultados reportados pola BD.

A partir da versión 10g as BDs Oracle facilitan as tarefas de monitorización de rendemento grazas á posibilidade de consultar as estatísticas de rendemento dos últimos días. Deste xeito os DBAs podemos extrapolar estes resultados co fin de anticiparnos a problemas de rendemento maiores.

Con todo, o mercado demanda proxectos continuados de revisión de rendemento especializado os cales en grandes organizacións poden derivar nun servizo de soporte en 3º nivel que apoie aos DBAs propios da organización.