You are hereAuditorías de Seguridade

Auditorías de Seguridade


A nosa longa experiencia como DBAs dinos que os datos son o elemento máis crítico de cara á continuidade da actividade dunha organización.

A indispoñibilidade dos mesmos provoca parada da actividade, a súa incoherencia ou inconsistencia provoca erros na toma de decisións e o seu acceso libre ou non seguro provoca fugas de información ou sabotaxes, sen mencionar as implicacións legais asociadas.

Unha auditoría de seguridade poría de manifesto todos estes riscos nos que incorre a organización. Sería un primeiro paso ben para a búsqueda de solucións ou ben para ser conscientes do risco que se corre.

Por outra beira, ¿estamos seguros de que os procesos de backup son adecuados e están alineados coas nosas necesidades de dispoñibilidade e conservación dos datos? A auditoría dun DBA experto é a resposta a esta pregunta. Non arrisquemos os nosos datos, asegurémonos de telos sempre ante calquera continxencia.

Se desexa coñecer máis detalles dos riscos que corre, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.