You are hereRendemento de BDs Oracle

Rendemento de BDs Oracle


Máis de 15 anos de experiencia en múltiples contornos son abondo como para detectar de xeito rápido e eficaz os problemas de rendemento.

Un proxecto de consultaría de rendemento de BDs axudaría a detectar e corrixir estes problemas, aforrando custos de ampliación hardware (incluíndo os tempos de migración) e que non sempre son solución porque o problema persistirá, limitando con elo a escalabilidade.

Dende o punto de vista de BDs Oracle a análise de rendemento débese centrar en dous aspectos fundamentais: tuning SQL e tuning de instancia e BD.

SQL performance tuning
Oracle recomenda que no caso de problemas de rendemento o primeiro que debe abordarse é o SQL tuning, antes incluso que o tuning de instancia e BD ou de sistema. Isto débese a que o rediseño das transaccións ou das queries pode, xa de por si, provocar unha grande mellora no rendemento global. Este punto é polo tanto de vital importancia na análise de rendemento global.

Débese ter presente en todo momento que unha BD Oracle é un sistema transaccional. A transacción é a unidade mínima de manipulación de datos. Debemos centrarnos individualmente en cada unha delas para optimizalas, comezando sempre polas máis pesadas e tendo presente a carga transaccional global do sistema (transaccións por minuto requiridas) e os bloqueos de recursos.

Teñamos sempre presente que o motor da base de datos Oracle está optimizado para abordar mellor os datos a través dunha linguaxe declarativa (SQL) que procedimental (PL ou C).

Oracle performance tuning
Se ben a maioría dos problemas solucionanse co SQL tuning ás veces resultan tamén precisos cambios na parametrización da instancia de BD e configuración da BD e sistemas que a soportan.

  • Análise de rendemento de instancia e BD.
  • Análise de rendemento de sistema operativo e almacenamento.
  • Análise de rendemento de procesos batch.
  • Control e rendemento do backup.
  • Parametrización da BD.
  • Identificación e resolución de eventos de espera.
  • Identificación de procesos pesados.
  • Recomendacións e implantación de novas configuracións para a mellora do rendemento.

Se desexa coñecer máis sobre o rendemento das instancias e BDs Oracle, así como de SQL, non dubide en poñerse en contacto con Alberto e Antón a través do formulario de contacto.