You are hereParcheo

Parcheo


Unha actividade importante no mantemento dunha base de datos consiste na aplicación dos parches precisos para reforzar a seguridade ou mellorar a funcionalidade da mesma.

Na actividade de mantemento dunha base de datos existe a posibilidade de atopar problemas funcionais que estean motivados por bugs que fagan preciso unha aplicación puntual dun parche (interim patch) para a súa solución.

Por outro lado, Oracle lanza de xeito periódico patch sets para a base de datos, nos que reúne un conxunto de parches cuxa funcionalidade conxunta está previamente verificada e que son aplicados nunha única instalación, afectando exclusivamente ó software e non ós datos. A aplicación destes patch sets garanten que o software instalado está actualizado ante defectos detectados.

Como parte do servizo de mantemento, ofrecemos a aplicación dos parches recomendados por Oracle así como unha continuada monitorización dos mesmos e o asesoramento sobre a súa necesidade de aplicación.

En contornos de clúster existe a posibilidade de aplicar determinados parches coa opción Rolling Patching evitando que a actualización produza corte de servizo na base de datos.

Se quere comprobar o estado de parcheo da súa BD ou decide actualizala, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.