You are hereArquitectura de datos

Arquitectura de datos


O Arquitecto de Datos, nalgunhas organizacións tamén chamado Analista de Datos...

  • coñécense as responsabilidades deste perfil?
  • están identificados os responsables que asuman este perfil?

De seguro que son moitas as respostas negativas. Convidamos a reflexionar sobre esta figura.

Os datos dunha organización, e en definitiva a información, debe estar estruturada de xeito que non se produza duplicidade de datos ou incoherencias que encarezan os custos de almacenamento, o mantemento, a fiabilidade dos datos e a súa seguridade. Para elo débese crear un esquema global de todos os datos da organización e sobre todo mantelo actualizado a fin de facilitar e dar soporte ao seu crecemento.

De elo debe asegurarse, en último termo, o responsable de informática da orzanización, pero directamente estas son as responsabilidades do Arquitecto ou Analista de Datos.

Non se trata dun Analista Funcional ou dun DBA, senon de alguén que os englobe e que con eles colabore na definición, conservación, seguridade e mantemento dos datos dende un punto de vista funcional, igual que o analista funcional pero dun xeito máis global que este, abarcando toda a organización e non só unha solución ou aplicativo concreto; e técnico, coma o DBA pero nun nivel de abstracción superior totalmente alleo ao software de base e ao hardware.

Ofrecemos asesoramento para a creación e posta en marcha deste perfil dentro da organización, comprometéndonos a ofrecer resultados concretos que lle permitan a esta ter unha ampla, ao mesmo tempo que detallada, visión de todos os datos, aforrando custos de mantemento, maximizando a seguridade e aportando fiabilidade á información que soporta a toma de decisións na organización.

Para máis detalles non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.