You are hereSoporte

Soporte


Soporte Remoto, 3º nivel, 24x7, Monitorización

Por qué é preciso un soporte remoto de BDs eficiente e continuado?

  • Para darlle unha continuidade ao negocio
  • Remoto para unha inmediata intervención
  • Para ter unha monitorización continuada das BDs
  • Para ter resposta ante caídas das BDs

A definición da arquitectura e dos plans de backup, restore/recovery son a base de toda instalación de BDs. A partir de aí é preciso un mantemento correctivo e preventivo que garantan a total dispoñibilidade das BDs. Para elo ofertamos o servizo de soporte remoto. Facémolo asemade coa experiencia sempre positiva de varios anos en diferentes clientes.

Despreocúpate das túas BDs contratando un servizo experimentado con garantías de resposta 24x7 que lle permita á organización adicar o tempo a tarefas máis propias do negocio así como a ter unha visión serena da evolución tecnolóxica dos sistemas.

Temos experiencia na aplicación de boas prácticas baseadas en ITIL. Para elo, traballamos cunha clara orientación ao cumprimento de niveis de servizo predefinidos (SLA).