You are hereMonitorización Activa
Monitorización Activa
As boas prácticas no mantemento preventivo de BD recomendan realizar chequeos de control periódicos. Dispoñemos de varias listas de control (health checklist) a executar con frecuencias diaria e semanal para garantir a seguridade e dispoñibilidade dos datos.
Dispoñemos dun sistema de monitorización continuada de alertas e warnings que, en cuestión de segundos, avisan ao DBO de garda de calquera incidencia que poida producirse nas BDs. Esto permitiralle actuar adiantándose a un posible corte ou ben escalar a incidencia ao DBA.
Estas listas contemplan:
- Monitorización de alertas e warnings.
- Control do crecemento dos datos.
- Verificación e validación de backups.
- Recopilación de estatísticas.
- Identificación de problemas de tuning de instancia.
- Análise do crecemento da BD.
Asemade ponse a disposición do cliente un servizo de soporte de emerxencias con dispoñibilidade 24x7 para a recuperación de desastres en producción. Este servizo forma parte dos mantementos que habitualmente se contratan aínda que tamén ás veces son requiridos puntualmente sen mediación de contrato previo.
Se desexa ter as súas BDs monitorizadas dun xeito continuado e 24x7, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.