You are hereInstalacións Oracle

Instalacións Oracle


A instalación do software Oracle vai moito máis lonxe da execución do instalador, xa que ademáis da base de datos, contamos con produtos adicionais, intermediarios entre o sistema operativo e o xestor de base de datos. Estes produtos, dispoñibles en 10g, pero que en 11gR2 se agrupan baixo a denominación de Grid Infrastructure, son o xestor de volumes de disco ASM e o software de clúster Clusterware, claves para a configuración de alta dispoñibilidade con RAC, e importantes elementos a ter en conta en contornos failover ou en configuracións de instancia simple sen alta dispoñibilidade.

O almacenamento é un dos factores claves na preparación dun contorno de base de datos Oracle. Bases de datos single instance e bases de datos en RAC poden facer uso de diferentes opcións de almacenamento, tanto local coma compartido, e unha correcta configuración que garanta o mellor acceso ós datos cunha correcta distribución das operacións de I/O son un pilar do futuro rendemento da base de datos.

A preparación de usuarios e grupos a nivel de sistema operativo debe reflexar tamén a política de separación de roles a aplicar, limitando os privilexios de acceso á base de datos, almacenamento e clúster.

Debido ás opcións configuradas por defecto no instalador, moitas veces o software Oracle instalado non se corresponde co licenzamento contratado. Elo pode provocar futuros problemas con Oracle. Evíteos.

Se desexa instalar o software Oracle, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.