You are hereSoporte Terceiro Nivel
Soporte Terceiro Nivel
Aínda contando con xente adicada ó mantemento e administración de bases de datos, aparecen necesidades que un soporte especializado de terceiro nivel pode solucionar. Este tipo de servizo aporta a visión e a experiencia que poden ser a chave da solución dun determinado problema que pola súa especialización ou polo descoñecemento da súa orixe poden resultar complexos de resolver.
Dispoñer da experiencia coa que contamos na xestión de múltiples contornos heteroxéneos facilita a solución de problemas poñendo á disposición do cliente un importante coñecemento especializado minimizando os custos que este ten.
Temos experiencia dando soporte de terceiro nivel a equipos de DBAs en grandes organizacións. Se desexa máis información, póñase en contacto con nos a través do formulario de contacto.