You are hereRAC

RAC


En moitos modelos de negocio, o custo dunha indispoñibilidade da base de datos pode ser moi alto, tanto máis canto maior é a duración do corte.

A solución para maximizar a dispoñibilidade dunha base de datos Oracle é Real Application Clusters, RAC. Esta tecnoloxía permite crear un clúster de N nodos no que todos eles traballan de forma activa sobre unha mesma base de datos e de forma totalmente transparente para as aplicacións que acceden a ela.

RAC ten dúas vantaxes principais, que son a alta dispoñibilidade e a escalabilidade, debido a que se poden engadir nodos ao cluster e ampliando polo tanto a capacidade de procesado.

As principais características da solución RAC son:

  • Alta dispoñibilidade. A caída dun nodo non afecta á dispoñibilidade da BD e resulta transparente de cara á aplicación.
  • Escalabilidade. O clúster, e polo tanto a capacidade de procesado, pode medrar engadindo novos servidores.
  • A definición de servizos permite diferenciar conexións á base de datos e distribuilos segundo o DBA considere conveniente.
  • Balanceo de carga automático entre os nodos que atenden un servizo en función da súa carga.
  • Fast Application Notification permite que as aplicacións reciban información de cambios a nivel de clúster coma por exemplo a caída dun dos nodos.
  • TAF (Transparent Application Failover) permite configurar conexións para que fagan failover automático e relancen as consultas que estaban executando. Esto implica que ante o corte da sesión por caída da instancia, a sesión reestablécese de xeito automático e continúa o seu traballo sen intervención do usuario.

Somos conscientes da potencialidade que ofrece RAC e ofrecemos a nosa experiencia na administración de sistemas de BDs cunha clara orientación á alta dispoñibilidade. Por elo é unha opción moi recomendada e non necesariamente custosa tendo en conta que fica incluída na edición Standard.

Se desexa administrar con fiabilidade o seu RAC, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.