You are hereBackup de BDs Oracle
Backup de BDs Oracle
Unha vez definida a política de backups nun proxecto de consultaría previo e alineado cos plans de continuidade do negocio, chega a hora da súa implementación.
Para elo, é preciso experiencia con ferramentas de Oracle creadas para tal fin. Entre elas non se atopa a utilidade export ou export data pump, xa que son consideradas por Oracle como ferramentas para o movemento de datos e non de backup. RMAN e flashback son as solucións.
RMAN é unha ferramenta moi completa, flexible e segura para facer backups en quente da BD. Conta cun amplo conxunto de comandos e hoxe en día non se pode entender un backup de BDs Oracle sen RMAN.
Os nosos servizos inclúen:
- Configuración RMAN
- Programación de backups
- Configuración para perda cero de datos
- Monitorización de backups
- Probas de restore/recovery
- Validación de políticas de backup
- Axuste de configuración da Flashback Recovery Area
- Rendemento RMAN