You are hereBlogues / alberto's blog / Bug rconfig ao converter unha BD 10g single instance a RAC sobre Grid Infrastructure 11gR2

Bug rconfig ao converter unha BD 10g single instance a RAC sobre Grid Infrastructure 11gR2


Por: alberto - Publicado o: 24 May 2012

Oracle certifica a execución conxunta de versións RAC 10gR2 e 11gR2, o que resulta moi últil cando por exemplo queremos facer unha actualización progresiva das nosas bases de datos, ou cando necesariamente precisamos diferentes versións por restricións a nivel de aplicación. Nestes casos podemos crear un clúster en versión 11.2 (nunca inferior) con bases de datos en versións 11.2 e 10.2 (ou inferior).

Unha das cousas que nos atopamos cando montamos unha configuración heteroxénea é que a realidade é un pouco mais complexa ca a teoría xa que existen varios bugs e incompatibilidades asociados ó emprego de BDs 10g en clúster 11.2, especialmente cando facemos emprego de separación de roles instalando a Grid Infrastructure (GI) con un usuario e o software RDBMS con outro. É imprescindible revisar a nota Metalink 948456.1 (Pre 11.2 Database Issues in 11gR2 Grid Infrastructure Environment) para revisar os potenciais perigos dun contorno mixto. A día de hoxe esta nota documenta mais de 20 problemas, sendo a última actualización no momento de redacción deste post do 2 de Maio de 2012. Tendo en conta as implicacións e potenciais problemas desta configuración, a integración das BDs 10g sobre GI 11g funciona correctamente e polo tanto se trata dunha configuración a ter sempre en conta.

Como resumo básico da nota, eu me quedo con que é moi recomendable empregar o último nivel de parcheado 10g (10.2.0.5 co PSU mais avanzado posible) e executar a GI nunha versión 11.2.0.2 ou superior xa que isto nos evitará bastantes problemas.

E xa que apareceu a palabra "problema", chegamos ó punto obxectivo desta entrada xa que crucei no meu camiño cun novo bug ó tentar converter unha base de datos single instance 10.2.0.5 a RAC sobre un clúster 11.2.0.2 con separación de roles (diferentes propietarios de software para a GI e para a BD). O procedemento que estaba a seguir é o de duplicar a BD single instance mediante RMAN dende un servidor alleo ó clúster a un dos nodos do RAC para posteriormente executar a ferramenta rconfig para a creación automatica das novas estruturas (threads redo, tablespaces undo) e do cambio de parametrización (atualización do spfile). Ó facelo, e seguindo o procedemento incluído no documento Oracle® Database Oracle Clusterware and Oracle Real Application Clusters Installation Guide 10g Release 2 (10.2) (http://docs.oracle.com/cd/B19306_01/install.102/b14205/cvrt2rac.htm#BABGGEGJ) atopo que o proceso falla co seguinte erro:

[main] [10:27:8:449] [ASMInstance.initialize:135] First record =[Ljava.lang.String;@1bd2664 
java.lang.NullPointerException 
at oracle.sysman.assistants.rconfig.engine.ASMInstance.initialize(ASMInstance.java:153) 
at oracle.sysman.assistants.rconfig.engine.Step.execute(Step.java:283) 
at oracle.sysman.assistants.rconfig.engine.Request.execute(Request.java:77) 
at oracle.sysman.assistants.rconfig.engine.RConfigEngine.execute(RConfigEngine.java:66) 
at oracle.sysman.assistants.rconfig.RConfig.(RConfig.java:86) 
at oracle.sysman.assistants.rconfig.RConfig.(RConfig.java:52) 
at oracle.sysman.assistants.rconfig.RConfig.main(RConfig.java:133) 
[main] [10:27:8:496] [SQLEngine.done:1960] Done called 
[main] [10:27:8:496] [SQLEngine.done:1960] Done called 
[main] [10:27:8:496] [SQLEngine.spoolOff:1820] Setting spool off = /u01/app/11.2.0/grid/cfgtoollogs/rconfig/+ASM1/sqlLog 
[main] [10:27:8:497] [Step.execute:327] Returning result:Got Exception 
[main] [10:27:8:498] [RConfigEngine.execute:68] bAsyncJob=false 
[main] [10:27:8:511] [RConfigEngine.execute:77] Result=<?xml version="1.0" ?>
<RConfig version="1.1" >
<ConvertToRAC>
<Convert>
<Response>
<Result code="1" >
Got Exception
</Result>
<ErrorDetails>
null
Got Exception null Operation Failed. Refer logs at /u01/app/ora102/product/10.2.0/db_1/cfgtoollogs/rconfig/rconfig_04_13_12_10_27_03.log for more details.

</ErrorDetails>
</Response>
</Convert>
</ConvertToRAC></RConfig>

Existe tamén a opción de levar a cabo este proceso dende o Grid Control, pero obteremos un erro similar xa que non deixa de ser unha simple interface para a ferramenta rconfig.

No contorno no que estaba a executar o procedemento xa existen BDs en versión 10g executándose correctamente sobre o mesmo ORACLE_HOME e a maiores non se detectan erros de configuración (cluvfy). A configuración de rconfig é simple, xa que basta con modificar a parametrización dun ficheiro .xml e lanzar o executable, polo que cun contorno ben configurado non hai moitas opcións de erro cando a configuracións deste ficheiro é correcta. Tras a revisión de parametrizacións e configuración, e a apertura dun SR con Metalink, o atopado é que actualmente existen dous bugs abertos, o 12657082 e o 12318779 por este mesmo erro e para as mesmas versión que estou a empregar, a 11.2.0.2 para a GI e a 10.2.0.5 para RDBMS.

Neste caso, o workaround é relativamente sinxelo xa que podemos facer de xeito manual a conversión a RAC. Para elo, tamén é moi recomendable seguir a nota Metalink 747457.1, xa que a información de conversión manual incluída na documentación oficial de Oracle é moi vaga e nada explícita a nivel de determinados cambios de parametrización precisos para que a conversión sexa correcta. Creando manualmente os threads de redo, os tablespaces de undo, parametrizando correctamente os pfiles, spfile e orapwfiles, e dando de alta os novos recursos de clúster, evitamos o uso de rconfig no caso de topar con este problema.

Share this

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automáticamente.
  • Tags HTML permitidos: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

Image CAPTCHA
Escriba os caracteres que se amosan na imaxe.