You are hereBlogues / blogue dealberto

blogue dealberto


Axente Grid Control finaliza con ORA-20603: Updating timezone region of a target is not supported

Durante a fase de probas dun proxecto de ampliación dun RAC ó que se lle engadiron dous novos nodos, atopamos que existía unha incoherencia na zona horaria dos servidores para os usuarios propietarios do software RDBMS (curiosamente non detectada polas ferramentas de validación do clúster, para as que parece bastar a sincronización horaria sen fixarse na zona). As máquinas teñen sistema operativo Solaris 10.

Bug rconfig ao converter unha BD 10g single instance a RAC sobre Grid Infrastructure 11gR2

Oracle certifica a execución conxunta de versións RAC 10gR2 e 11gR2, o que resulta moi últil cando por exemplo queremos facer unha actualización progresiva das nosas bases de datos, ou cando necesariamente precisamos diferentes versións por restricións a nivel de aplicación. Nestes casos podemos crear un clúster en versión 11.2 (nunca inferior) con bases de datos en versións 11.2 e 10.2 (ou inferior).

Conversión de BD RAC 11gR2 de policy-managed a admin-managed

Oracle introduciu na versión 11gR2 da solución RAC a posibilidade de administrar dinamicamente os nodos nos que as instancias das BDs poden estar a executarse. Até esta versión, á hora de crear unha BD RAC só era posible especificar os servidores sobre os que se creará unha instancia. Con 11gR2 é posible indicar unha cardinalidade de instancias e asociar a BD ó que se denomina un pool de servidores. Os pools de servidores son entidades dinámicas e en función da parametrización do pool e da dispoñibilidade dos servidores no clúster, un determinado servidor pertencerá a un pool ou a outro.