You are hereFreelanceOracleDBA colabora na implantación do voto electrónico na Universidade de Vigo

FreelanceOracleDBA colabora na implantación do voto electrónico na Universidade de Vigo


Antón Campos e Alberto Pereiro, consultores ambos de FreelanceOracleDBA.com, implementaron unha solución Oracle RAC coa Grid Infrastructure 11.2 na Universidade de Vigo. Esta infraestrutura servirá de soporte para a base de datos Oracle, tamén creada e configurada por freelanceOracleDBA.com, a cal albergará o esquema da aplicación de voto electrónico.

Con este proxecto FreelanceOracleDBA.com confírmase como pioneiro en solucións de alta dispoñibilidade real coa nova versión 11.2 das bases de datos Oracle e a Universidade como innovadora na implantación de voto electrónico. Esta infraestrutura garantizaralle á Universidade de Vigo un acceso continuado e seguro aos datos asemade dun mellor rendemento.

Se desexa coñecer máis detalles sobre solucións Oracle en alta dispoñobilidade, por favor póñase en contacto con freelanceOracleDBA.com indicando a consulta.