You are hereData Migration
Data Migration
Frecuentemente abórdanse proxectos de migración de software a versións máis actualizadas por demandas funcionais, de rendemento ou de rentabilidade.
Este traballo é crítico polos elementos que trata: os datos. Débese realizar unha planificación detallada a fin de minimizar o tempo de corte e garantir a dispoñibilidade final en tempo e forma. Deben ser expertos cualificados e experimentados quen se responsabilicen destes proxectos.
É preciso contemplar os seguintes aspectos:
- Instalación do software Oracle en contornos heteroxéneos.
- Integración con outros sistemas (BD e aplicacións).
- Planificación de procesos de migración en contornos de alta dispoñibilidade. Estimación de tempos e cálculo de riscos. Procedementos de marcha atrás.
- Elección da versión do software máis axeitada
- Actualización de releases e parches.
- Oracle Architecture best practices: OFA, SAME, RAC, etc.
Se desexa migrar o software Oracle, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.