You are hereAlmudena Viña
Almudena Viña
Almudena Viña é licenciada en Matématicas pola universidade de Santiago de Compostela. Como tal, ten firmemente instaurado na súa personalidade un alto grao de rigor e disciplina que aplica tanto no eido profesinal como persoal.
Dispón dunha elevada capacidade de análise e síntese que lle fai posible ser quen de desenvolver tarefas de tratamento riguroso de datos para lograr os resultados máis axeitados alén dunha optimización da posta en valor do producto final. A súa vez posúe tamén un pensamento de carácter marcadamente lóxico adquirido durante a súa formación e que desenvolverá e aplicará ao longo da súa carreira profesional.
Con máis de sete anos exercidos en grandes contas tanto públicas como privadas, abarca diferentes áreas tales coma a administración de sistemas operativos UNIX e grandes redes de almacenamento (SAN), toma de requirimentos na implantación de novos desenvolvementos, e mantemento evolutivo e correctivo en bases de datos Oracle.
A principios do 2011 aposta por esta ultima disciplina traballando con Antón e Alberto, obtendo, ese mesmo ano, a certificación OCP en Oracle 11g. Aquí adica os seus esforzos a fin de acadar un traballo competitivo e de calidade.