You are hereProxecto Conecta Peme Dra.MEKNOW

Proxecto Conecta Peme Dra.MEKNOW


Allenta, FreelanceOracleDBA e HealthInCode dan comezo ó proxecto Dra.MEKNOW: Análise, Deseño e Prototipado dun Sistema Intelixente de Apopio á Decisión Clínica no Ámbito da Cardioloxía, que ten por obxectivo desenvolver un sistema experto para a xestión integral do coñecemento médico que mellore os procesos de toma de decisións sanitarias na pŕactica clínica diaria. Este proxecto permitirá desenvolver novos produtos que melloren a calidade, seguridade e estado de saúde de pacientes e usuarios de servizos sanitarios. Para elo, deberanse acadar os seguintes sub-obxectivos:

  • Desenvolvemento dun modelo de datos que permita almacenar o coñecemento médico xerado pola mediciña baseada na evidencia de forma intelixente, estruturada, racional e acesible. Modelo baseado en ontoloxías, e nas relacións entre elas.
  • Recopilar, analizar, estruturar e organizar variables clínicas, síntomas, signos, antecedentes, resultados de probas complementarias, diagnósticos e tratamentos que definen o estado de saúde e enfermidade de pacientes e usuarios, que interveñen nos procesos de toma de decisións. Fundamentalmente seguindo as recomendacións das guías clínicas.
  • Deseñar as regras e algoritmos, soportados dende o paradigma da intelixencia artificial, baseados na evidencia científica, cos que os profesionais sanitarios levan a cabo os procesos de toma de decisión asistencial que afectan ó estado de saúde e enfermidade dos doentes. E consecuentemente o xeito de relacionarse entre elas.
  • Desenvolver un contorno usable para "ensinar" ó sistema. Este contorno debe ser sinxelo de usar (frontal de interación "friendly") que permita a introdución confiable de información estruturada, e que permita a carga masiva de coñecemento (variables, regras e algoritmos, etc.) por parte do persoal sanitario entrenado e cualificado.
  • Desenvolver un contorno web en tempo real, para que o profesional sanitario poida interrogar ó sistema experto con datos clínicos, fenotípicos, etc. dun paciente, e que poida obter outputs do sistema en forma de recomendacións, confirmacións, advertencias e alertas. O sistema orienta ó clínico sobre o manexo do paciente.
  • Elaborar un caso de uso sobre unha área específica de coñecemento médico, a cardioloxía, que permita validar unha ferramenta de soporte á toma de decisións que mellore a calidade e seguridade dos actos médicos e sanitarios.
  • Elaborar un software que serva como prototipo para a validación do caso de uso.

PROXECTO subvencionado pola Axencia Galega de Innovación, cofinanciado con fondos FEDER e aopiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.